RCP na aula

Cadena-de-supervivencia-2015

Os alumnos da ESO puideron participar, durante una semana, do programa RCP na aula que pretende formar o maior número de persoas posible na reanimación cardiopulmonar.

Dispuxemos de catro maniquíes e un simulador DESA, cedidos polo CEFORE de Pontevedra, para a realización das nosas prácticas.

Valoramos a nosa condición física!

image_gallery

Este ano comezados coa valoración da condición física dos alumnos de 1º da ESO co obxectivo de facer o seguimiento da mesma, ao longo da etapa educativa, utilizando o programa DAFIS.

A Plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable) é unha ferramenta elaborada, en colaboración co COLEF- Galicia,  ao abeiro do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais do ámbito da actividade física e do deporte a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral que participa de iniciativas vinculadas á práctica de actividade física e deporte.

Saude e bos hábitos

ff6d4c5058345cb0356e0da0e37999c1_XL

O pasado 9 de maio, os/as alumnos/as de 3º da ESO visitaron Galiciencia no Parque Tecnolóxico de Galicia. Alí os rapaces tiveron a oportunidade de participar en obradoiros  relacionados coa ciencia, a tecnoloxía e as ciencias da saúde e a alimentación.

Tendo coma tema central a “Saúde e bos hábitos”, Galiciencia 2019 convídanos a mellorar o comportamento diario a través de pequenos desafíos.

Pulsa aquí apara acceder a toda a información.

IMG_3298